Néboda.

Néboda, tamén chamada nébeda e co nome científico “Calamintha nepeta”, é unha planta aromática da familia da menta empregada na cociña.
Medra entrado o verán e non precisa ser replantada ano a ano quedando en estado latente durante os meses do inverno.
No outono as flores que conteñen a semente caen ó chan nacendo novas plantas a vindeira primavera. As flores comezan a aparecer a finais de agosto.
Adoita medrar de xeito salvaxe pero pode plantarse en testos. A esperanza de vida da néboda é de 3 a 4 anos.
En canto a enfermidades, o único problema que pode padecer é o oídio.
Fonte: http://en.wikipedia.org/wiki/Calamintha_nepeta

Piwigo 2.4.0 traducido ó galego.

Piwigo é un aplicativo de galería de fotos para a web, construído por unha comunidade activa de usuarios e desenvolvedores. As extensións fan que Piwigo sexa doado de personalizar. E o mellor ca mellor, Piwigo é gratis e de código aberto.
Actualmente está traducido o núcleo da galería así como algúns engadidos e a axuda está en progreso.
O paquete co idioma galego xa pode descargarse aquí.

Solución ás ligazóns permanentes.

Desde que mudei a web ao novo servidor non me funcionaban as ligazóns permanentes co formato amigable.
Inicialmente pensei que era cousa do WordPress pero hoxe insistindo no tema atopei a solución.
Resulta que o problema estaba na configuración do apache. Despistou me que o ModRewrite estaba activo pero non era suficiente, e tiña cousas mal configuradas.
Neste caso o que tiven que mudar foi a configuración do FollowSymLinks.

Na configuración do Apache e referido ao cartafol do aloxamento establecín estes parámetros:

Options Indexes FollowSymLinks
Options FollowSymLinks
AllowOverride All
Order allow,deny
Allow from all

Mediatomb no archlinux.

Deixo aquí estas notas por se o preciso.
O primeiro é lembrarme de que o minidlna fallou e non fun quen de que volvese funcionar. En todo caso para min é moito mellor o mediatomb. Máis doado de configurar e polo que vexo un funcionamento máis robusto.
Descargar e instalar de AUR

logo crear o ficheiro “/etc/conf.d/mediatomb” e poñer nel:
#
# Parameters to be passed to mediatomb
#

# Port to listen on
MT_PORT='50500'

# User and group to run as
MT_USER='nobody'
MT_GROUP='nobody'

# Location of the PID file
MT_PIDFILE='/var/run/mediatomb.pid'

# Location of the log file
MT_LOGFILE='/var/log/mediatomb.log'

# Location of the config file/database
MT_HOME='/var/lib/mediatomb'
MT_CFGDIR='.mediatomb'

# User defined command line options
MT_OPTIONS=''

Logo configurar o servizo para systemd, crease o ficheiro “/etc/systemd/system/mediatomb.service” e nel ponse:
[Unit]
Description=MediaTomb Daemon
After=mysql.target network.target

[Service]
EnvironmentFile=/etc/conf.d/mediatomb
ExecStart=/usr/bin/mediatomb --port $MT_PORT --user $MT_USER --group $MT_GROUP --pidfile $MT_PIDFILE --logfile $MT_LOGFILE --home $MT_HOME --cfgdir $MT_CFGDIR $MEDIATOMB_$
Restart=on-failure
RestartSec=5

[Install]
WantedBy=multi-user.target

logo activase o servizo:
# systemctl enable mediatomb
e arráncase:
# systemctl start mediatomb

Listo! xa deberíamos ter sitio de configuración funcionando en http://localhost:50500

Deixo tamén esta ligazón interesante sobre os parametros do mediatomb:

http://mediatomb.cc/pages/documentation#id2855825

O FTPBox dispoñíbel en galego.

O día 20 de outubro de 2012, publicouse a versión 2.2.2 do FTPBox. Esta é a primeira versión que inclúe o galego entre os idiomas dispoñíbeis.
O FTPBox é un aplicativo ao estilo do Dropbox pero para traballar co teu propio servidor, neste caso un servidor FTP, sen depender de terceiros.
A súa licenza é GNU GPL.
O proxecto aínda é novo, e non é que sexa moi estábel. Neste momento só hai versión para windows e está prevista unha versión para linux.ftpbox 2.2.2